Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Villares reprocha a Sainz e a Grande-Marlaska “que veñan a sacar a foto mentras o goberno central non declara zona catastrófica os bancos marisqueiros”

O conselleiro recordou que a Xunta leva agardando desde o 20 de decembro unha resposta do Goberno central para que o sector reciba axudas extraordinarias entre as cales estarían a exención das cotizacións a Seguridade Social

Rábade, 7 de febreiro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, criticou a presenza do ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, e da ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migraciones, Elma Sainz, aos cales lles recordou co Goberno central ten enriba da mesa desde o pasado 20 de decembro á solicitude do Goberno galego para que se declare como zona catastrófica os bancos marisqueiros afectados polo alto índice de mortaldade de bivalvos provocado polo baixo nivel de salinidade das augas causado polas fortes precipitacións do pasado outono. Así o manifestou durante a visita ás instalacións de conxelados Sariego no concello lugués de Rábade.

O responsable autonómico sinalou que a Administración autonómica e o sector marisqueiro segue agardando unha resposta por parte do Estado a unha demanda que permitiría habilitar axudas extraodinarias para compensar de forma completa e áxil ao sector afectado polas perdas ocasionadas pola mortalidade severa nas poboacións de bivalvos de interese comercial entre as que destacan a exención das cotizacións á Seguridade Social. “A preocupación se demostra con feitos e non con boas palabras” reflexionou á vez que ironizou con que case dous meses despois e en plena campaña electoral por fin se dan conta en Madrid da gravidade da situación sen aínda manifestar ningún compromiso concreto co sector.

Alfonso Villares confrontou a pasividade do Executivo estatal co traballo realizado desde a Xunta da man do sector habilitando 4 millóns de axudas directas aos profesionais que se abonarán de forma extraordinaria e directa este febreiro e máis de 10 millóns de euros, virán con cargo ao Fempa para afrontar as paradas temporais. A estas medidas sumou o Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo en Galicia 2024-2025 cun conxunto de actuacións que están abertas ás contribucións das xentes do mar e que contará cun investimento de 123 millóns de euros.

Internacionalización das empresas

O titular de Mar enxalzou a traxectoria de conxelados Sariego adicada á importación, elaboración e exportación de produtos conxelados do mar e que na actualidade conta con delegacións en Ourense, Santa Comba, Coruña, Santiago, Pontevedra, Zamora e Chaves (Portugal). O responsable autonómico destacou a aposta desta empresa na modernización das súas instalacións que se atopan á vangarda en procesos de transformación, envasado e almacenaxe de produtos conxelados.

Tamén destacou o seu perfil internacional xa que parte do seu crecemento débese a súas esteiras relacións comerciais con outros países dos que optén materia prima que é elaborada nas súas instalacións con altos estándares de calidade para ser distribuída por España e resto de Europa. Unha internacionalización que está reflictida nas cifras récord de exportación do sector que alcanzaron os 2.700 millóns de euros no 2022 e que con moita probabilidade foron superadas o ano pasado, situando unha vez máis á cadea mar-industria como un referente internacional.

Exit mobile version