Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebra este venres o gran desfile de Entroido cuns 400 participantes e a actuación de DJ Eventec

O desfile dará comezo ás 21:00 horas na Praza do Concello e rematará no centro sociocultural onde continuará a festa e posterior entrega de premios

Barreiros, 14 de febreiro de 2024. Este venres 16 de febreiro terá lugar en Barreiros o gran desfile de entroido no que xa hai inscritos uns 400 participantes entre comparsas, grupos de adultos e infantís así coma parellas e disfraces individuais.

O desfile dará comezo ás 21:00 horas na Praza do Concello onde terá lugar a primeira exibición para continuar por Rúa Vila; sentido Ribadeo, Estrada da Praia; Teleclub, e finalizando a carón do centro sociocultural onde os participantes farán a segunda e última exhibición.

Posterior ao desfile haberá festa amenizada por DJ Eventec a carón do centro sociocultural onde público e participantes poderán atopar postos de comida; Burguer Costa, Bocatería Anxo e Kebab Nena, así como colchoneta para a cativada. Ás 12 da noite daranse a coñecer ás e os gañadores entre os que se repartiran 1.000€ en premios.

As inscricións están abertas ata ás 14:30 horas do día 16 e poderán formalizarse na Casa do Concello ou a través da web municipal www.concellodebarreiros.gal. A recollida dos dorsais farase tamén na Casa do Concello de 18:30 a 20:00 horas.

Na organización do desfile colaboran co Concello de Barreiros as comparsas locais Habelas Hainas e Os Macanudos.

Exit mobile version