Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia anima “a votar en liberdade” resaltando “a importancia destas eleccións onde Galicia decide o futuro dos próximos catro anos”

Tras exercer o seu dereito a voto, ás nove e media da mañá na mesa situada na Casa do Concello na Praza Maior de Lugo, a candidata do PP que encabeza a lista da provincia expresou o seu agradecemento ao traballo de todas as persoas que están axudando e contribuíndo para que a xornada electoral sexa un éxito. Mencionou ás persoas que conforman as mesas electorais, aos representantes da administración, e moi especialmente ás forzas e corpos de seguridade. A popular tamén deu as grazas aos interventores e apoderados do Partido Popular pola súa implicación e compromiso e indicou que ten previsto visitar todas as mesas electorais do municipio de Lugo para trasladárllelo de forma persoal.

Exit mobile version