Site icon Crónica3.com A Mariña

Celebrado un debate sobre o futuro do Val

O Valadouro, 25 de febreiro, 2024. O pasado venres, día 23 de febreiro, na Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, celebrouse o anunciado debate sobre o futuro do Val, incluíndo os concellos de Alfoz e Valadouro.

Asistiron por Alfoz Eduardo Rega (de Carrocerías Hermanos Rega), Alberto Geada “Buyo” (artesán zoqueiro), Lionel Rexes (mestre e escritor) e Fernanda Casabella (coidadora de xente dependente). Por parte do Valadouro asistiron Henry Geada (administrador de lotería), Cristina Fernández Rey (administrativa no sector da madeira), Pedro Rolle (bombeiro forestal e organizador de rutas naturais) e María Hermida (xerente do hotel Vila do Val). O acto estivo moderado por Antonio Jesús Lorenzo “Cachín”, Juan García e Pepe Peinó. Na parte técnica tivemos a Juan Novás.

Debatéronse durante unha hora aspectos importantes do sector primario e do sector secundario no Val. O debate, organizado polo programa de radio “Mariña Marabillosa” será emitido o vindeiro sábado, 2 de marzo, dentro da programación de Mariña Marabillosa, podendo ser escoitado en Radio Foz, Radio Valadouro e Radiofusión e a través do Facebook de Mariña Marabillosa.

Exit mobile version