Site icon Crónica3.com A Mariña

Coloquio no Valadouro sobre o futuro do Val

O Valadouro, 22 de febreiro, 2024. Este venres, día 23 de febreiro, ás 21,00 horas, haberá un coloquio radiofónico e tamén presencial no Salón de Actos da Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro. O evento, organizado polo programa de radio Mariña Marabillosa, será gravado e emitirase por Radio Valadouro, Radio Foz e Radiofusión. Nel participarán veciños dos concellos de Alfoz e do Valadouro.

Por parte do Valadouro participarán Cristina Fernández Rey, administrativa e membro da asociación cultural “Amado Lar”; Henry Geada, administrador de lotería; María Hermida, xerente do hotel Vila do Val, e Antonio García, economista e profesor na universidade da Coruña.

Por parte de Alfoz intervirán Eduardo Rega, da empresa de carrocerías local Hermanos Rega; Fernanda Casabella, coidadora de persoas dependentes; Lionel Rexes, escritor e mestre, e Alberto Geada “Buyo”, artesán zoqueiro.

Os temas a tratar serán as posibilidades económicas do Val de cara ao futuro, centrándose nos sectores primario e secundario.

A entrada de público é gratuíta.

Exit mobile version