Site icon Crónica3.com A Mariña

Incendio nun camión en Trabada

Trabada, 21 de febreiro, 2024. O propio condutor foi quen alertou ao 112 Galicia de que comezara a arder a cabina.

Pouco despois das 17:00 horas, na LU-P5506, en Trabada, un camioneiro informou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia do suceso que estaba a acontecer, indicando ademais que non había ningún afectado polo lume. De contando, informouse aos Bombeiros de Barreiros, así como aos GES de Pontenova, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada.

Os bombeiros, xa no punto onde sucedeu o incidente, informaron de que o lume afectou a unha pequena parte do monte pero quedou totalmente extinguido. Sen embargo, confirmaron que ardeu a cabina e parte da carga (cereais) tamén se viu afectada.

Exit mobile version