Site icon Crónica3.com A Mariña

María Edelmira Legaspi Trelles celebrou este sábado o seu 100 aniversario rodeada da familia en Carballido, Alfoz

Con motivo desta celebración, acercáronse ao seu domicilio a alcaldesa, Efigenia Maseda, acompañada polo Concelleiro de Educación, Igualdade e Participación, Eliseo Lorenzo, como representantes do Concello, para agasallala cunha placa e un ramo de flores. A alcaldesa afirma que “é unha honra contar no noso concello con persoas que teñen unha gran experiencia na vida”. Dende o Concello de Alfoz desexánlle que goce dun moi feliz aniversario.

Exit mobile version