Site icon Crónica3.com A Mariña

Mayra García en Foz: “Precisamos un novo modelo forestal que garanta a sostiblididade dos nosos montes e farémolo con besteiro na Xunta”

A candidata número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas reuniuse en Foz con veciños e veciñas afectados polos incendios do pasado outubro e denunciar o incumprimento da xestión forestal da Xunta

Foz, 7 de febreiro de 2024. A número tres da candidatura socialista pola provincia de Lugo ás eleccións autonómicas, Mayra García Bermúdez, reivindicou en Foz o liderado de José Ramón Gómez Besteiro porque “precisamos un novo modelo forestal que garanta a sostibilidade dos nosos montes”, co que favorecer a produción e a conservación, que equilibre a produción e que sexa efectivo na loita contra o abandono e os lumes forestais.

A candidata trasladou esta necesidade nun encontro con veciños e veciñas da parroquia de San Acisclo en Foz, unha das máis afectadas xunto á parroquia de Santa Cilla pola vaga de incendios que asolagaron a Mariña o pasado mes de outubro. Trala reunión, Mayra Bermúdez, acompañada polo Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, denunciou a xestión forestal da Xunta nesta catástrofe onde o lume devastou 230 hectáreas na Mariña.

“Queremos trasladar unha vez máis a falta de compromiso e incumprimento do Goberno de Rueda, quen prometeu á veciñanza charlas divulgativas antes de talar os montes, ou a compra de maquinaria para poder arranxar camiños”. “Nada se fixo, e nada se fará”, engadiu a candidata, “porque a Xunta non ten política forestal durante o resto do ano, non hai brigadas contratadas polo Goberno autonómico, non hai mantemento dos depósitos de auga, nin planificación no monte, ou concentración parcelaria forestal”.

Políticas que “reverteremos a partir do 18F si Besteiro lidera o cambio que precisa Galicia, e tendo en conta a importancia que supón o sector forestal como fonte de riqueza para unha comarca como a da Mariña”. Farémolo cun modelo de xestión sostible, “apostando pola innovación forestal, incrementando os recursos para a investigación, cun plan de xestión e ordenación dos nosos montes, e prestando especial atención á xestión das brigadas forestais e ás condicións laborais dos seus integrantes”, sinalou a candidata ao Parlamento de Galicia.

Exit mobile version