Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG avanza na Pontenova as súas propostas en benestar social

Un modelo de atención centrado nas persoas e planificación dunha rede pública de residencias

A Mariña, domingo 11 de febreiro. Na mañá de hoxe as candidatas e candidatos do BNG, con Daniel Castro á cabeza, asistiron á feira da Pontenova, donde informaron aos asistentes dos puntos máis importantes do programa. Entre eles, un tema que na Pontenova tén suma importancia, como é todo o que atinxe ao benestar social e ao coidado dos maiores, pois o BNG xa en días pasados e a través de Castro e do portavoz municipal Xorxe Gómez, entrevistáranse con usuarios das vivendas comunitarias da Pontenova preocupándose polas reclamacións destes a respecto do servizo de xantar prestado polo cátering contratado.

Creación do auténtico Servizo Galego do Benestar

Esta é unha das propostas do BNG, un organismo que viría a xogar un papel similar ao do SERGAS mais no ámbito dos servizos sociais garantindo a xestión pública dos mesmos a comezar polas residencias da terceira idade, centros de persoas con discapacidade, centros de día e Servizo de Axuda no Fogar. Neste sentido, Daniel Castro afirmou que “a atención á terceira idade ou ás persoas con discapacidade é un servizo público que debe ser xestionado integramente pola Xunta de Galiza, para así rematar co actual esquema perverso de mercantilización e de privatización”

Planificacion dunha rede pública de residencias

O modelo de atención centrado nas persoas que propón o BNG debe ser integral, garante de dereitos e respectuoso coa dignidade das persoas e debe contar cun plan individualizado para cada persoa usuaria no que se faga unha valoración integral. E neste modelo é esencial a planifiación dunha rede pública de residencias co obxectivo de ir mudando o actual modelo privatizador. E esta planificación deberá ser revisada cada catro anos.

Exit mobile version