Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña Fora Stocks, apostando unha vez máis por impulsar as compras no comercio local

Viveiro, 28 de febreiro, 2024. Dende o xoves día 29 de febreiro ata o sábado 2 de Marzo serán 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata ó 70 en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha feira de stock.. pero dentro de cada local, convertendo a fin de semana nunha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos.

Para facelo máis chamativo unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os productos e os fantásticos descontos que teñen. A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, artigos para o fogar e Ópticas.

Para aproveitar estas oportunidades animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía.
Teremos a oportunidade de mercar artigos para facerlle frente ó tempo que vai estes días pero con super descontos, que mellor oportunidade!

Os locais participantes estarán identificados con chamativos carteis de cor vermella co nome da campaña. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo identificar aqueles locais nos que poderá desfrutar da liquidación de stocks.

Tratase de ofrecer ó cliente os mellores descontos en artigos de primeiras marcas, ca mellor calidade, sen ter que desprazarse, mercando no comercio local, un comercio que ofrece un trato persoal e profesional.

Un final de rebaixas por todo o alto, con súper descontos, tiramos a casa pola ventá!!

Os locais participantes e as súas promocións son:

Exit mobile version