Site icon Crónica3.com A Mariña

O condutor dun camión resultou ferido tras envorcar na autovía á altura de Guitiriz

Guitiriz, 26 Febreiro, 2024. Varios particulares achegáronse a auxilialo e confirmaron que puido saír do vehículo polos seus propios medios. Trátase do único implicado e precisou asistencia sanitaria.

Faltaban escasos minutos para as 13 horas cando o 112 Galicia tivo constancia do acontecido, a través da chamada dun alertador particular: un camión que transportaba gran acababa de envorcar no quilómetro 531 da A-6, en Trasparga.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos efectivos do GES de Friol-Palas, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Guitiriz, así coma dos operarios de mantemento da autovía.

O ferido tivo que ser atendido polo persoal sanitario, que se desprazou ata o lugar a bordo dunha ambulancia.

Exit mobile version