Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS mantén a terceira posición trala vitoria en Leganés (2-5)

Nun partido dominado polo Pescados Rubén Burela FS, os Pícaros lévanse os 3 puntos de Leganés con doblete de Malaguti en dous minutos

Sábado 17 de febreiro. Esta tarde ás 19.00h na Cidade Deportiva La Fortuna de Leganés xogábase a 20ª xornada de Segunda División de Futsal, C.D. Leganés FS – Pescados Rubén Burela FS cun resultado final 2-5.

Sacando vantaxe comeza o partido o Pescados Rubén Burela FS, no minuto 4 cun gol de cabeza de Ismael tras un xogo directo cos pés de Kaluza. Continúa o partido dominando o conxunto mariñán, con numerosas ocasións, entre elas un pau de Ismael e outras tres situacións claras de Álex García, Lucho e Isma que romperían o partido na primeira parte. Na última xogada antes do descanso, Dani Colorado empata o partido nunha transición ofensiva.

No segundo tempo continúa o xogo na mesma liña que o primeiro, con dominio por parte dos pupilos de David Rial. No minuto 28 Álex García adianta o marcador 1-2 cun gol tras un saque de esquina por parte de Isma. Dous minutos despois chega o 1-3 cun disparo de Malaguti que a mete ao segundo pau e outros dous minutos despois chega o segundo nunha situación de reverso de pivote do xogador benaventano. Presiona o conxunto local con porteiro-xogador conseguindo un tanto, de novo, Dani Coloreado no minuto 36 pero remata o tempo e o Burela culmina o encontro case sobre a bucina co 2-5 final, un gol de Lucho tras un roubo defendendo en siutación de 5 para 4.

Importantes 3 puntos que reforzan a terceira posición na táboa, reducindo a distancia ante o líder e marcando distancia ante o último equipo en postos de playoff, Antequera e Colo Colo, que se enfrontaron e empataron nesta xornada, e manténdoa ante o segundo clasificado a só 2 puntos, aínda que cun partido menos do conxunto maño. O domingo que vén ás 12.00h xogámonos o terceiro posto ante o cuarto clasificado, o Unión África Ceutí, que viaxará a Burela celebrar un encontro no que se necesitará do máximo apoio en Vista Alegre nun dos partidos máis difíciles da tempada por uns valiosísimos 3 puntos.

Ficha Técnica C.D. Leganés FS 2-5 Pescados Rubén Burela FS

CD Leganés FS (2): Óscar; Manu García, Juanma, Chicho, Miguel -quinteto inicial-, Diz, Javi, Álex Fuentes, Dani Colorado, Bertin, Hugo, Pedro, Charly, Rubén de Santiago. Entrenador: Álvaro Breña.

Pescados Rubén Burela FS (5): M.Kaluza, Lucho (C), Isma, Álex García, Malaguti – quinteto inicial-, Quelle, Alberto, Flethes, Charly, Ismael, Mika. Entrenador: David Rial

Goles: 0-1, min.4: Ismael. 1-1, min.20: Dani Colorado. 1-2, min.28: Álex García. 1-3, min.30: Malaguti. 1-4, min.32: Malaguti. 2-4, min.36: Dani Colorado. 5-2, min.40: Lucho.

Árbitros: Jairo Leiva Martínez, David Pizarro Megías, Diego Sarasúa Álvarez, Marta Hernández Hernán.

TA: Álvaro Breña, Miguel, Juanma, Pedro, Alberto Plaza, Ismael, Malaguti

Exit mobile version