Site icon Crónica3.com A Mariña

Os bombeiros retiran no Vicedo o teito dun vehículo para sacar o condutor atrapado no interior

Ocorreu na LUP-6402, tal e como explicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para alertar. Segundo indicaron, o vehículo saíuse da vía nese punto e quedou envorcado lateralmente. Para poder sacar o condutor, os Bombeiros de Viveiro retiraron o teito do coche. O equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 encargouse de trasladar o ferido ao Hospital de Burela, aínda que apenas apreciaron lesións de importancia. No operativo, tamén interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil.

Exit mobile version