Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo pecha os parques e espazos públicos por mor do paso da borrasca Karlotta

Ribadeo, 8 de febreiro de 2024. Ribadeo pecha os parques e espazos públicos por mor do paso da borrasca Karlotta, que está a deixar ducias de incidencias: contedores, carteis electorais, sinais e vallas caídas ou micro cortes no subministro eléctrico. O alcalde, Dani Vega, pide precaución ás veciñas de e veciños.

O rexedor declarou: “desde o Concello de Ribadeo estamos a pedir prudencia. Imos pechar os parques infantís e os espazos públicos e queda suspendida toda actividade que puidera haber ao aire libre. Pido prudencia. É conveniente quedar na casa e estaremos informando permanentemente. Hai que ser responsables, non saír á rúa e quedar na casa ata que o temporal pase”.

Exit mobile version