Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación SOGAPS anima ás familias a participar no programa Vacación en Paz 2024

A Mariña, 9 de marzo, 2024. Un ano máis a Asociación SOGAPS informa do Programa Vacación en Paz 2024.

“Animamos ás familias a participar neste programa solidario que consiste na acollida, durante os meses de xullo e agosto, de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis situados en Tinduf (Argelia)”.

“Con esta acollida temporal conseguimos que @s menores teñan a posibilidade de mellorar sustancialmente a sua saude, a través da mellora da dieta e as revisións médicas para ter controlado o seu estado de saude e intentar solucionar calquera problema que poidan ter, apartalos temporalmente do seu lugar de residencia habitual onde as temperaturas estivais poden chegar a acadar os 50 grados, a posibilidade de ter outra imaxe do mundo distinta das que lles aporta a sua realidade cotiá no deserto, e en xeral, cubrir as principais carencias destos menores vivindo uns meses lonxe das duras condición dos campamentos. A través deste proxecto tamén se busca a sensibilización da poboación galega ante estas realidades sociais e a creación de vínculos afectivos entre as duas familias. A valoración da experiencia por parte das familias acolledoras é moi positiva e fan fincapé no enriquecedora que resulta esta convivencia temporal tanto para os propios ne@s saharauis como para as familias galegas que os reciben”.

Quen desexe recibir máis información ou participar no programa Vacacións en Paz 2024 pode poñerse en contacto coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (SOGAPS) no teléfono 678727382- 986262637 ou asistindo as reunións informativas que se faran nas distintas provincias. A vindeira reunión atopase programada para o 16 de marzo en Monforte de Lemos.

Exit mobile version