Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG expón as súas propostas para Alcoa

Cervo, 20 de marzo, 2024. Este martes Alcoa ameazou de novo atraveso dos correos electrónicos e da prensa aos traballadores de San Cibrao. Ameazas que, á espera da reunión de seguimento do día 4 en Madrid, non teñen a resposta que deberan por parte das administracións.

Diante desta situación a CIG recorda as súas propostas na busca dunha solución construtiva que salve o complexo industrial de San Cibrao e a comarca da Mariña.

-Crear a figura das Empresas Hiper-Electrointesivas.

-Garantir atraveso do Estatuto Electrointensivo e de todos os instrumentos públicos a máxima com- pensación por CO2 permitida por Europa, desligándoa dos orzamentos Xerais do Estado.

-Articular unha interrumpibilidade que aproveite a capacidade destas industrias para funcionar co- mo colchón nos picos de consumo de enerxía.

-Executar a alegación acordada no Consello Económico e Social de Galicia sobre a lei de beneficios sociais e económicos dos recursos naturais, fixando unha bonificación directa na factura eléctri- ca do 30% para as actividades industriais e económicas.

-Modificación da factura eléctrica para liberar das peaxes e cargos asociados ao transporte pola proximidade dos centros de consumo aos centros de produción.

-Atendendo á capacidade actual de xeración de MW das eléctricas coas que Alcoa ten subscrito PPA’s, á potencia que xa teñen adxudicada e á exportación de enerxía fora de Galicia, as adminis- tracións teñen a obriga de articular, conxuntamente coas eléctricas, a activación inmediata das PPA’s para que o prezo da electricidade non siga a ser unha escusa para Alcoa.

-As administracións deben estudar tódalas accións legais e institucionais que garantan o cum- primento dos compromisos por parte de Alcoa. En especial, o referido á execución dos investi- mentos para a construción do forno de ánodos.

-O Goberno Español e a Xunta, aproveitando o proceso de compra do 100% de Alúmina por parte de Alcoa, deben fiscalizar o proceso e buscar unha formula de intervención, na porcentaxe necesa- ria no consello de administración, que garanta a continuidade do emprego en San Cibrao, incluíndo por suposto o das Auxiliares, do mesmo xeito que xa pasou con Telefónica e Celsa Atlántica.

-Aprobación definitiva da ampliación á cota 104 da DBR antes do 01 de xuño de 2024.

Valoración da situación

Alcoa sigue na súa folla de ruta avanzando cara a un desenlace que cada vez máis semella o acontecido en A Coruña ou Avilés onde, coa conivencia por parte dos respectivos gobernos, rematou co peche e despece das factorías.

A incidencia que unha situación semellante pode ten nunha comarca coma a da Mariña, cunha economía que depende en maior parte do motor que supón San Cibrao, sería moito máis grave.

Na CIG creemos firmemente que só a loita e a visibilidade que nos poden dar as mobilizacións dunha plantilla unida (principal e auxiliares) poden mover as vontades políticas que fagan factible unha solución.

Exit mobile version