A concelleira de Viveiro Lara Fernández Fernández-Noriega participou na asemblea da confederación, celebrada en Barcelona, representando ao Fondo Galego de Cooperación
Núria Parlón, alcaldesa de Santa Coloma de Gramenet, foi elixida presidenta da Confederación, mentres que o alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación, Juan Antonio Gónzalez, repite como vicepresidente. A concelleira de Viveiro Lara Fernández Fernández-Noriega participou na asamblea, xa que forma parte da executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
“Desde a confederación seguiremos afianzando o papel imprescindible que xoga a cooperación municipal na sociedade actual”, explica Fernández-Noriega.
Confocos reúne a máis dun milleiro de entidades locais (entre concellos, deputacións e consells) agrupados nun total de nove fondos territoriais.
A confederación naceu 1995 e ten como obxectivos contribuír a impulsar a cooperación descentralizada dentro e fóra dos ámbitos territoriais dos seus membros e ser interlocutor ante as institucións estatais, europeas e internacionais naqueles temas onde hai intereses coincidentes.