Na súa intervención destacou a importancia desta iniciativa para impulsar o talento e a mellora competitiva das empresas do sector marítimo-pesqueiro galego, moitas de carácter familiar, propiciando a remuda xeracional dos profesionais á fronte das mesmas que é moi importante de cara ao futuro. Antonio Basanta destacou que é moi positiva a posta en marcha deste programa porque da respostas ás necesidades de formación específicas dunha actividade de gran arraigo en Galicia e que ten moitas circunstancias e características propias.