Site icon Crónica3.com A Mariña

Ana de ‘Guía tu día’ anima a descubrir A Mariña a través de visitas guiadas

A Mariña, 25 de marzo, 2024. Con motivo da Semana Santa, Ana de Guía tu día organiza varias visitas guiadas durante a ponte festiva.

O xoves 28 e venres 29 serán unhas visitas combinadas no concello de Ribadeo, visitando o casco histórico e o barrio indiano de San Roque onde “coñeceremos de preto a historia do porto comercial de Ribadeo reflexado nas súas casas de comerciantes e edificios emblemáticos e a pegada que deixaron os indianos na vila coas súas chamativas vivendas”.

O sábado 30 a visita será en Mondoñedo para coñecer outro dos cascos históricos emblemáticos da comarca, rememorando as persoas ilustres que aquí habitaron e visitando o afamado barrio dos muíños “aquí desenvolvéronse os oficios que daban servizo a esta cidade grazas aos muíños e canais de auga”.

Os paseos guiados terán unha duración aproximada de 2 horas. As visitas a Ribadeo serán ás 19h e a de Mondoñedo ás 10:30h.

O prezo de cada ruta é de 10€ persoa, 7€ para os menores de 18 anos e gratuita ata os 8 anos. As prazas son limitadas, previa reserva no 654 99 68 57.

Exit mobile version