Site icon Crónica3.com A Mariña

Arde un antigo salón de baile en Ourol

Ourol, 19 de marzo, 2024. O 112 Galicia tivo coñecemento deste incendio de carácter urbano, pois resultou calcinado un antigo salón de baile en Ourol.

Non houbo que lamentar danos persoais, pero si materiais, pois só quedou en pé a estrutura externa da casa.

A posta en marcha deste operativo foi posible grazas á chamada dun alertador ás 00:30 horas desta madrugada, quen avisou dun incendio nunha casa deshabitada no lugar de Chao de Bravos, en Ourol. Para atallar as lapas, desde o 112 Galicia, activáronse os protocolos correspondentes para a mobilización dos seguintes recursos: Bombeiros de Viveiro, Servizo Municipal de Protección Civil de Viveiro, Protección Civil de Ourol e o distrito de incendios forestais da zona. Tamén informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por se fose necesaria a súa intervención, e á Garda Civil.

Exit mobile version