Site icon Crónica3.com A Mariña

As mulleres da CIG sairon á rúa este 8M en Burela co lema “Traballo digno e igualdade”

Burela, 8 de marzo, 2024. A CIG A Mariña convocou unha concentración este venres ás 11:00 horas diante do Concello de Burela. Con esta mobilización a CIG quere lanzar unha mensaxe contundente aos gobernos.

8 motivos para a Mobilización no 8M

Sobran os motivos para a Mobilización no Día da Muller Traballadora.

E é que as mulleres traballadoras estamos a sufrir unha fenda salarial persistente ao longo dos anos, cobramos de media 4519 € menos que os homes en 2022.

Máis do 40% das asalariadas non acadaron o SMI.

As mulleres soportamos unha maior precariedade e parcialidade na contratación, o 75,7% dos contratos parciais son de mulleres.

A precariedade laboral afecta de modo especial ás mozas, abocándoas á emigración.

Que os traballos feminizados sexan os que teñen salarios máis baixos demostran unha discriminación salarial que infravalora o traballo das mulleres.

A carestía da vida, cunha suba inxustificada de bens de primeira necesidade, empobrece en maior medida ás mulleres, pola precariedade, temporalidade e diversas fendas de xénero que fan que as taxas de pobreza feminina acaden valores que fan difícil manter unha vida digna, mesmo para aquelas que teñen un traballo remunerado.

Os recortes dos servizos públicos afectan de modo máis lesivo ás mulleres, pois non dispor dun modelo público de asistencia social para o coidado de crianzas e maiores empúrranos fóra do mercado laboral. Os coidados recaen nas mulleres.

Os sectores feminizados son os máis precarios, e entendemos que a conflitividade laboral nestes sectores é a chave para acadar a dignificación das condicións laborais e salariais. Así o demostrou o sector de limpeza da provincia de Lugo despois de 130 días dunha folga histórica. ,

Exit mobile version