Site icon Crónica3.com A Mariña

Chama ao 112 tras caer nunhas rochas mentres pescaba en Mañón

Preto da unha deste martes, unha persoa caeu nunha rochas cando estaba pescando en Bares. El mesmo contactou co 112 Galicia para pedir axuda, pois tiña unha grave lesión no brazo que lle impedía moverse. A partir desta comunicación, realizáronse as xestións oportunas para a chegada da axuda. Así, mobilizáronse os Bombeiros do Eume, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Mañón, ademais dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Cómpre sinalar que, nesta incidencia, a dificultade partía do complicado acceso ao lugar no que se atopaba o ferido, mais entre os voluntarios de Protección Civil e os axentes da Garda Civil lograron sacar a persoa das rochas.

Exit mobile version