“Encádranse nun plan de renovación de parques infantís, que iremos avanzando nos próximos meses e que axiña chegará a outros puntos do municipio”, explica Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Obras
“Trátase dun parque moi empregado especialmente no verán, pero os xogos do mesmo estaban xa bastante deteriorados”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.
Para o edil, o resultado da actuación “vai chamar a atención, posto que os novos xogos van ser moi novedosos, eu penso que os nenos e nenas de Burela van desfrutalos moito”.
“Estas obras encádranse nun plan de renovación de parques infantís, que iremos avanzando proximamente e que axiña chegará a outros puntos do municipio”, explicou Fernández Rey.
“Nos vindeiros meses vanse realizar diversas actuacións, por exemplo no parque Rosalía”, sinalou. Tamén “no parque do Campón, que actualmente non é moi utilizado pola cativada, e consideramos que as actuacións previstas van cumprir coas súas expectativas e coas dos seus pais e nais, para darlle unha maior relevancia”, engadiu.
O Concelleiro destacou que “Burela ten una poboación nova e con moitos nenos e nenas, polo que é imprescindible que os espazos de xogo estean nas mellores condicións posibles”.