Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia demanda actuacións en relación ao emprego de Burela

“É, cando menos significativo que non exista a área de emprego no organigrama municipal, non é unha cuestión de competencias, é unha acción de vontade política. En Burela existe a concellería de mar, e non existe tal competencia local”

Burela, 4 de marzo, 2024. Os datos do paro non son motivo de orgullo para Burela, os últimos publicados póñena nun significativo 9.18%, o que supón un aumento de 1 punto dende 2023, unha tónica de suba. Os veciños: Cervo e Foz están nun 8% e Xove nun 7%.

“A nova lexislatura xa case chega ao 1º ano e vemos como en Burela seguen os mesmos patróns que na anterior lexislatura: moitas fotos en redes sociais e moito “circo” para o pobo, mais non se atisban proxectos tractores que poidan cambiar a realidade do pobo: BURELA ESTÁ SEN PROXECTO”.

“Non se fala do tecido industrial e comercial, non se apoia o emprendemento xove, non se fala de ter unha zona industrial. Pola contra vemos unha sobre exposición de Instagram e Facebook. Burela sempre tivo relación coas redes, pero eran outras, as sociais que tan ben manexan dende o Concello tributan en EEUU e non en Burela.

“Burela ten moitas carencias que non reciben resposta dende o concello: falta un polígono industrial ou dotacional, falta un centro de empresas e emprendemento, falta unha política de apoio ao comercio fora do Concello, en difinitiva falta proxecto. CxG vai rexistrar nas vindeiras semanas proposta neste senso, entendemos que Burela sempre foi un motor da Mariña, hoxe só é un Influencer das redes, con escaso éxito.

Exit mobile version