Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado preséntase en Mondoñedo “La Taberna de Galiana” un «Cunqueiro inédito»

Mondoñedo, 29 de marzo, 2024. Este sábado, 30 de marzo, presentarase unha nova obra inédita de Álvaro Cunqueiro, titulado “La Taberna de Galiana” un conxunto de relatos sobre tabernas recuperados por Ediciones 98.

A presentación terá lugar no Real Seminario Conciliar Santa Catalina ás 19:30h e contará co editor da obra e director da editorial, Jesús Blázquez, co Alcalde de Mondoñedo e con Pedro Díaz, Cóengo da Catedral de Mondoñedo.

No eido literario cunqueiriano, Ediciones 98, está a traducir obras de Álvaro Cunqueiro ao castelán, achegando así a súa obra a un amplo e diverso público.

Encadrada nesta liña de traballo, sae á luz esta obra inédita de Cunqueiro, que Ediciones 98 titula “La Taberna de Galiana”.

A obra está editada, traducida y con epílogo de Jesús Blázquez González que será o encargado de presentar o libro ao público en Mondoñedo o vindeiro sábado 30.

A obra, en palabras da propia editorial, fálanos dun «Cunqueiro inédito», dun «Rescate del libro que no llegó a publicar en vida Álvaro Cunqueiro» e describe a obra “La taberna de Galiana” diciendo que “es el libro que soñó Álvaro Cunqueiro durante toda su vida y no alcanzó a publicar. EDICIONES 98 ha recuperado diversos textos compuestos por Cunqueiro arrumbados en hemerotecas y fonotecas relativos a la taberna de Galiana y a otras tabernas fantásticas y reales visitadas o imaginadas por él. Se publican todos ellos ahora en este volumen que rinde homenaje a esa ensoñación cunqueiriana, cuarenta años después de la muerte de Cunqueiro y ochenta después de que redactara las primeras páginas sobre la evocadora taberna. Muchos de los textos aquí incluidos son inéditos en forma de libro y algunos de ellos se editan por primera vez en español”.

Exit mobile version