Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumnado dos centros educativos de Burela recibirá uns obradoiros sobre educación sexual dixital e pornografía

Estarán impartidos pola asociación Dale una Vuelta, e forman parte da programación municipal arredor do 8M, Día Internacional da Muller

Burela, 13 de marzo de 2024. A Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Burela organizan uns obradoiros sobre educación sexual dixital e pornografía que terán lugar nos centros educativos do municipio.

Estes obradoiros estarán impartidos pola asociación Dale una Vuelta, e forman parte da programación municipal arredor do 8M, Día Internacional da Muller. Terán lugar os vindeiros días 20 e 21 de marzo.

Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, destaca a importancia destes talleres “pola problemática que supón que a pornografía estea ao alcance de nenas e nenos cada vez máis pequenos”.

“Consumir pornografía interfire no xeito de comunicarse cos demais, e ademais, o seu contido é denigrante para a muller”, engade a concelleira, que considera “crucial que o alumnado reciba formación ao respecto”.

“Agradezo o ofrecemento do alumnado do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo para a elaboración do cartel informativo dos obradoiros, e que a través da distinción de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo promovan a cultura democrática, a igualdade de dereitos e a diversidade en todas as súas formas”, concluíu.

Exit mobile version