Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Ribadeo reitera a súa preocupación polo retraso nas obras do Hospital-Asilo

Ribadeo, 6 de marzo, 2024. O BNG amosa preocupación polo ritmo nas obras do Hospital Asilo: “Levamos observando e denunciando nos últimos meses un retraso excesivo nas obras do Hospital-Asilo. Tras recibir a documentación solicitada, as certificacións confirman as nosas sospeitas. A día de hoxe, 5 meses despois do inicio oficial das obras, só se executaron 19.252,50€ dun total de 1.636.065,87€, o que representa o 1,18% do total. Na realidade as obras están paradas”.

“Preocúpanos que os usuarios do centro seguen moi lonxe de Ribadeo e a este ritmo seguirán inda máis tempo. Desde o BNG de Ribadeo exiximos que o goberno municipal tome en serio esta obra para que se cumpran os prazos establecidos e os usuarios poidan voltar canto antes”.

Exit mobile version