Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG segue coas concentracións reclamando unha sanidade pública digna para a Fonsagrada e Negueira de Muñiz

María Fernández responsábel local en A Fonsagrada “hoxe comenza unha nova lexislatura no Parlamento Galego e dende o BNG imos esixir que se restablezan os facultativos para devolver á Fonsagrada unha sanidade digna”

A Fonsagrada, 18 de marzo de 2024. O Bloque Nacionalista Galego da Fonsagrada segue coas concentracións para reclamar unha sanidade digna para Fonsagrada e Negueira de Muñiz.
María explica “Hoxe comenza unha nova lexislatura no Parlamento Galego e dende o Bng da Fonsagrada imos esixir que se restablezan os facultativos precisos para a atención sanitaria digna na Fonsagrada e en Negueira de Muñiz”. Tamén reclamaremos ter atención de fisioterapia e xinecoloxía para a veciñanza de Fonsagrada sen ter que desprazarse a Becerreá “o que implica desprazamentos de máis de hora e media e non só o tempo senón tamén que non hai posibilidade de usar transporte público” denuncia Fernández
Nesta comarca con unha grande dispersión xeográfica e con unha poboación avellentada “toda a veciñanza ten dereito a ter unha sanidade pública de calidade” non podemos permitir que non teñan atención médica con toda asiduidade que precisan.

“Imos esixir que se blinde o dereito á sanidade pública que é un dereito inembargábel, aínda que a Xunta de Galiza traballe para exterminalo. Temos nas nosas mans o dereito a defendelo e a que teñamos unha sanidade de proximidade, máis aínda nun concello como A Fonsagrada eminentemente rural e de montaña”concluíu María Fernández

Exit mobile version