Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros renova a súa canle de comunicación a través de WhatsApp

Para acceder a este servizo, é necesario que as persoas interesadas agreguen a súa axenda de contactos o número 633.600.435 e envíen unha mensaxe coa palabra ALTA. A partir de aí xa terán acceso á información

Barreiros, 20 de marzo de 2024. O Concello de Barreiros vén de realizar unha renovación da súa canle de comunicación a través de WhatsApp co fin de darlle un pulo no coñecemento da poboación en xeral.

Esta canle, que se puxo en marcha en plena pandemia, conta xa con persoas usuarias da mesma; pero a alcaldesa, Ana Ermida, manifesta que pretenden “conseguir que chegue a moita máis poboación. Somos conscientes que a mensaxería de WhatsApp é cada vez máis utilizada por persoas de todas as idades e queremos que a información do Concello de Barreiros poida chegar de xeito directo e instantáneo a calquera persoa que o desexe”.

Por medio deste servizo o consistorio enviará información aos veciños e veciñas sobre as últimas novidades e eventos do Concello de Barreiros. Así, cada persoa poderá recibir alertas sobre actividades culturais, deportivas, sociais, dos bandos municipais, calendario, situación das praias, situacións de emerxencia e moito máis directamente no seu teléfono a través da aplicación WhatsApp.

Cómo acceder?

É sinxelo, só fai falla seguir os seguintes pasos:
1. Engade o teléfono 633.600.435 á lista de contactos.
2. Envíanos a mensaxe “ALTA BARREIROS” xunto con nome e apelidos vía Whatsapp. Por exemplo: ALTA BARREIROS Sonia Gómez López

Qué esperar deste servizo?

Esta canle de difusión está deseñada exclusivamente para enviar información de interese xeral á veciñanza. Con todo, é importante ter en conta algunhas pautas:
1. Este servizó é unidireccional e só se empregará para proporcionar información. O seu fin non é atender demandas, queixas ou suxestións.
2. Non se responderán mensaxes nin se atenderán chamadas no número de teléfono proporcionado.
3. Se nalgún momento se desexa darse de baixa do servizo, simplemente fai falla comunicalo mediante unha mensaxe.

Exit mobile version