Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo programou para este mércores un exercicio de simulacro de evacuación da Escola Infantil Municipal, dirixida polo responsable do GES, Mario Antuña, ao que tamén asistiron a rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Educación, Pilar Armada.

Na actividade, explicáronlle ao persoal do centro como intervir en caso de incencio, a través dunha práctica de extinción con material eléctrico e de cociña, e tamén realizaron unha evacuación dos menores. A iniciativa forma parte do programa de formación en materia de prevención que o Concello de Cervo ten en marcha nos diferentes centros de traballo.

Exit mobile version