Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro informa dos cambios no tráfico por mor da Semana Santa

Viveiro, 21 de marzo de 2024. Con motivo da celebración das procesións de Semana Santa, o Concello de Viveiro informa dos cambios que se realizarán tanto no tráfico como no estacionamento, co obxectivo de mellorar a seguridade e a información aos condutores.

Con estas medidas, o Concello quere compatibilizar a celebración da Semana Santa coa vida diaria dos veciños e veciñas, causando as menores molestias posibles e facilitando á súa vez a chegada de visitantes á vila.

ZONA ORA, TRAVESIA DA MARINA E PRAZA DE LUGO

Por unha banda, o Xoves e Venres Santo, durante todo o día, con motivo do paso das procesións, non se poderá estacionar ningún tipo de vehículos entre a Praza de Lugo e a Porta de Carlos V, en ambas marxes. Isto afecta á zona azul, carga e descarga e ó resto de prazas.

Por outra banda, a circulación de vehículos na Travesía da Mariña, Avenida de Galicia e Ponte da Misericordia verase restrinxida o Xoves Santo dende as 22:00 horas ata que remate a Procesión da Misericordia. O mesmo ocorrerá o Venres Santo a partir das 22:00 horas coa Procesión da Paixón.

AVDA DE CERVANTES- REGO DAS FRORES

Dende mañá venres, 22 de marzo e ata o luns 1 de abril, vaise habilitar o paso mediante semáforos dende a Avenida Benito Galcerán ata Rúa Rego das Flores en ambos sentidos e de xeito ininterrompido.

A Avda. de Cervantes cortarse ao tráfico nas seguintes datas e horarios:
Venres 22 de marzo: Vai estar cortada dende as 15:00 horas do venres 22 ata as 8:00 horas da mañá do sábado 23, con motivo da execución de obras de mellora do firme e polo paso da procesión de Venres de Dolores.
Domingo 24 de marzo, de 11:00 a 21:00 horas.
Martes 26 de marzo, de 20:00 a 21:30 horas.
Mércores 27 de marzo, de 21:00 a 23:30 horas.
Xoves 28 de marzo, de 15:30 a 02:30 horas.
Venres 29 de marzo, de 11:00 a 01:30 horas.
Sábado 30 de marzo, de 15:30 a 21:00 horas.
Domingo 31 de marzo, de 11:00 a 21:30 horas.

Os horarios destes cortes foron falados na reunión de seguridade celebrada con motivo da Semana Santa, tendo en conta a particularidade de que a maiores, de momento, seguimos sen Policía Local, polo que foi necesario reorganizar os cortes de tráfico e distribuílos desta maneira.

Lémbrase, asemade, que durante toda a Semana Santa o concello disporá do servizo de grúa para ser utilizado no caso de precisar a retirada dalgún vehículo.

O concello agradece de antemán a colaboración e a comprensión de todos, pedindo desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, e co desexo de que a Semana Santa 2024 sexa de novo un gran éxito.

Exit mobile version