“Un paso importante para contar co documento definitivo do Plan Xeral, unha ferramenta moi necesaria para o futuro de Viveiro”, explica María Loureiro
“Un dos trámites aos que está sometido o PXOM, con carácter preceptivo e vinculante para o concello, é o relativo ás estradas de titularidade autónomica que transcorren polo noso municipio, sendo competente para informar a Axencia Galega de Infraestruturas”, explica Loureiro.
“Un paso importante para contar co documento definitivo do Plan Xeral, unha ferramenta moi necesaria para o futuro de Viveiro”, engade a alcaldesa.
Tras a emisión de catro informes desfavorables por parte da AXI, neste momento o PXOM de Viveiro xa conta co informe favorable.
Neste sentido, con respecto a este informe, o concello realizará unhas determinadas adecuacións puntuais e continuará levando a cabo as tramitacións necesarias para obter os demais informes sectoriais nos que era necesario ter o informe favorable da AXI.