Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz pregunta a Cajoto que foi o que cambiou para que agora vote en contra de Altri

Javier Castiñeira explica que hai uns meses o alcalde de Foz defendía a implantación desta fábrica de fibras téxtiles 100% biodegradables na Mariña pero agora vemos como na Deputación vota e contra da súa instalación na provincia de Lugo

Foz, 28 de marzo de 2024. O voceiro do PP de Foz, Javier Castiñeira, pregunta directamente a Cajoto: “por que antes Altri era boa para A Mariña e agora é mala para a provincia de Lugo?”.

Para o voceiro popular a resposta pode ser que “nin antes nin agora o señor Cajoto nin os seus compañeiros do PSOE leron o proxecto desta empresa” que “como non pode ser doutro xeito unicamente se instalará na provincia se cumpre con todos os requisitos medioambientais e toda a lexislación vixente”.

Javier Castiñeira destaca que “chama poderosamente a actitude camaleónica” do señor Cajoto. Cando era presidente da mancomunidade defendía que Altri, a fábrica de fibras téxtiles 100% biodegradables, se localizase na Mariña, incluso a pesar de que non se cumpría con todas as necesidades que sinalaba a empresa “porque era moi importante para a economía da Mariña e da provincia” pero agora “na Deputación di todo o contrario, e sinala que se trata dunha empresa contaminante e que non é boa para a provincia, votando en contra da súa implantación na provincia de Lugo”.

Dende o PP de Foz acusan a Cajoto de “non preocuparse” polos intereses dos seus veciños e “unicamente estar ás ordes do seu partido”. “Cando lles interesa din que están a favor da mellora e do crecemento económico e cando non, están en contra de todo o que represente o progreso da provincia”, denuncian.

“Esta é a actitude de Cajoto. Non ten proxecto en Foz, como o seu partido non o ten para a provincia dende a Deputación de Lugo” ao que engaden que “Cajoto é unha marioneta máis ao servizo de Tomé e, o que é peor, ao servizo do BNG que son os que están manipulando para que Altri non chegue á provincia de Lugo”.

Exit mobile version