Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá pon en valor os case 50.000€ que achega a Xunta para a mellora do campo de fútbol e do ximnasio

Os concelleiros populares destacan que o compromiso da Xunta cos laurentinos é firme e con esta subvención a veciñanza verá como se realizan dúas das actuacións máis demandadas e urxentes

Lourenzá, 16 de marzo de 2023. O PP de Lourenzá destaca os case 50.000€ de subvención da Xunta de Galicia que permitirán realizar melloras importantes e necesarias no campo de fútbol e no ximnasio.

Os concelleiros do PP de Lourenzá explican que en total o goberno galego aportará 47.000€ ao municipio para estas melloras. En total, serán 39.000€ para renovar o alumeado do campo de fútbol de Santa Cruz e 8.000€ para renovar as máquinas do ximnasio.

“Unha vez máis queremos destacar o compromiso da Xunta de Galicia con Lourenzá e cos seus veciños xa que grazas a esta aportación autonómica poderán realizarse dúas actuación moi demandadas polos laurentinos”, explicaron.

Dende o PP de Lourenzá poñen en valor esta aportación xa que “somos un municipio que conta cunha alta porcentaxe de poboación que practica deporte polo que os veciños ven como a Xunta se preocupa das súas necesidades”.

Exit mobile version