Site icon Crónica3.com A Mariña

Os deputados provinciais do PP destacan en Ávila a importancia das deputacións como elementos vertebradores e de cohesión das provincias

Os deputados populares poñen en valor este tipo de actos para destacar das deputacións “como motores económicos das provincias e para impulsar investimentos, o turismo e a creación de emprego”

Lugo, 14 de marzo de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo participan hoxe e mañá en Ávila nunha convención para os deputados provinciais do Partido Popular.

Os deputados populares poñen en valor este tipo de convencións para destacar a importancia do municipalismo e a necesidade de reforzar as deputacións “como motor económico e tractores nas provincias para impulsar investimentos, o turismo e a creación de emprego”.

Deste xeito, piden un reforzo da figura das deputacións por ser elementos que fomentan vertebran as provincias, conectan municipios e impulsan a conservación do patrimonio histórico e cultural. Ademais, teñen como obxectivo unha redistribución da riqueza en base a criterios obxectivos e o desenvolvemento sostible. “Urxe un trato xusto e igualitario por parte de José Tomé, do partido socialista e do BNG á fronte da Deputación de Lugo xa que ata agora unicamente exerceron un municipalismo de amiguetes”, denuncian.

Exit mobile version