Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro propón un paseo do Festival Resurrection Fest na avenida Ramón Canosa

Viveiro, 1 de marzo, 2024. Como cada ano, Viveiro celebra unha nova edición do festival Resurrection Fest, que ten lugar no campo de Lavandeiras en Celeiro. Ao abeiro do festival, pola Avenida Ramón Canosa e LU-862, nos días do festival hai un tránsito constante de xente pola beirarrúa, lado mar, da dita avenida.

En Por Viveiro, “propoñemos a creación, nesa beirarrúa, dende o comenzo da avenida Ramón Canosa (diante do Gadis) ata o Porto de Celeiro, dun paseo do festival Resurrection Fest, coa instalación de lousas conmemorativas dos grandes grupos que teñen pasado polo festival nas súas distintas edicións, que pode servir de atractivo turístico e activación do paseo a Celeiro para o resto do ano”.

“Para o deseño das lousas conmemorativas podería realizarse un concurso de ideas e para o desenvolvemento do mesmo, o Concello solicitará a colaboración da empresa organizadora do festival”.

Por todo o exposto anteriormente, o Grupo Municipal de POR VIVEIRO traslada a seguinte proposta de acordo para a súa aprobación en pleno:

1. Instar ó goberno municipal á convocatoria dun concurso de ideas, en colaboración coa empresa organizadora, para o deseño das lousas conmemorativas das bandas que pasaron polo festival Resurrection Fest.

2. Instar ó goberno municipal á realización das xestións necesarias para a instalación na Avenida Ramón Canosa das lousas conmemorativas das bandas do Resurrection Fest.

Exit mobile version