Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematado en Viveiro o arranxo dos danos provocados polos temporais do inverno no pavillón e o campo do Cembedo

Viveiro, 25 de marzo de 2024. O Concello de Viveiro informa do remate dos traballos para arranxar os danos causados polos temporais do inverno no pavillón municipal e o campo de fútbol do Cembedo.

“Foi un inverno duro, cunha situación meteorolóxica que provocou danos nas instalacións deportivas”, explica o concelleiro de Deportes, Eleazar Rodríguez.

“Fixemos todo o posible para axilizar as reparacións, pero nestes casos é necesario primeiro que os técnicos procedan a evaluar as avarías, para posteriormente adxudicar os traballos e realizalos”, engade o concelleiro de Deportes.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, incide en que “as tarefas tiveron algunha demora porque o temporal afectou a toda a Mariña e as empresas tiñan moita demanda, pero as instalacións xa recuperaron a normalidade”.

Eleazar Rodríguez pide “desculpas polas molestias ocasionadas”, amosando a súa satisfacción polo remate das actuacións.

Exit mobile version