Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo está pendente das ondas xigantes na contorna do Faro da Illa Pancha

Ribadeo, 28 de marzo de 2024. Ribadeo está pendente este Xoves Santo das ondas xigantes no entorno do Faro da Illa Pancha.

O surfista Eric Rebiere estará surfeando hoxe, xoves, na compaña de Willyan Santana. Tamén se agarda a participación da xove promesa do surf francés Juliette Lacome, de 21 anos, así como do americano Mason Barnes.

Agárdase que a emblemática onda de Illa Pancha rompa hoxe entre as dez da mañá e as dúas da tarde.

O alcalde, Dani Vega, agarda que “todas as persoas que se acheguen ata as inmediacións do Faro da Illa Pancha poidan gozar do fermoso espectáculo visual que forman o surf e o mar. Desde o Concello pedimos precaución para circular pola zona e moita prudencia á hora de achegarse en exceso aos acantilados. Haberá vento e grandes ondas, de aí que insistamos en chamar á precaución. Estes son días nos que Ribadeo recibe a milleiros de visitantes e sabemos que moitos deles estarán dispostos a deixarse sorprender pola grande onda da Illa Pancha”.

Exit mobile version