Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 28 estudiantes  do College Lucie Aubrac de Loiret están de intercambio co IES Illa de Sarón de Xove e o IES de Foz. Deste grupo, 13 estan en Xove

Dende o IES Illa de Sarón se lles preparou un amplo programa de actividades: o luns foron á Pastoriza onde aprenderon e practicaron xogos tradicionais e Paintball; o martes visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados, o Barco Museo de Burela e tamén visitaron a lonxa; o mércores foron a Santiago onde viron a catedral e o Museo do Pobo Galego; o xoves pasaron o día en Xove, onde foron recibidos no Concello; este venres visitarán Viveiro, e o sábado pasarán o día coas familias acolledoras. Este intercambio completarase coa viaxe a Francia (devolución de visita) que realizarán os nenos de Xove e de Foz na segunda semana de abril.

Exit mobile version