Site icon Crónica3.com A Mariña

20 axentes da Garda Civil e do Corpo Nacional de Policía da provincia de Lugo e Asturias participaron na xornada sobre primeiros auxilios celebrada en Ribadeo

Ribadeo, 15 de abril de 2024. Este pasado sábado, 13 de abril, impartiuse en Ribadeo unha xornada de intervención en primeiros auxilios para forzas e corpos de seguridade do Estado, organizada pola Asociación Española de Gardas Civís (AEGC) en Galicia en colaboración co Concello de Ribadeo. Asistiron 20 axentes de Garda Civil e Corpo Nacional de Policía da provincia de Lugo e Asturias.

Esta formación foi impartida por Camilo Vázquez (graduado en Enfermería, coordinador autonómico do Plan RCP Galicia, instrutor de SVB, SVI e SVA, membro do comité de dirección nacional de SEMES RCP, vicepresidente 4º de SEMES Galicia e instrutor en simulación clínica); Pablo Felpeto (garda civil, técnico en Emerxencias Sanitarias e formador titulado en primeiros auxilios e emerxencias sanitarias) e José Luis Raposo (subtenente da Garda Civil e diplomado en Policía Xudicial), que falou sobre temas xurídicos relacionados con actuacións en primeiros auxilios.

O delegado da AEGC en Galicia, Germán Ángel Vale Varela, explica que esta xornada “tenía como misión reforzar y poner en práctica conocimientos en Primeros Auxilios RCP y manejo de DEA (desfibrilador), sangrados y uso de torniquete, dado que en una inmensa mayoría de servicios los agentes de la Guardia Civil y policías nacionales son los primeros en llegar a este tipo de situaciones. Dentro del programa de formación de la AEGC para este año 2024 se incluyó esta jornada realizada Ribadeo, impartida por formadores titulados en emergencias sanitarias y personal sanitario habilitado para dichas formaciones específicas”.

Exit mobile version