Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta apoia unha nova edición do campus mixto ‘FutbolinLugo Burela Bonita’, que se celebrará en xullo no campo da Marosa

Burela, 5 de abril de 2024. A Xunta de Galicia apoia a segunda edición do Campus mixto Futbolinlugo Burela Bonita, que se celebrará entre os días 15 e 19 de xullo no campo da Marosa da citada localidade.

Trátase dunha iniciativa impulsada por Futbolinlugo, medio dixital especializado no fútbol lucense; está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos e contará con algúns dos mellores adestradores de Galicia e Asturias.

O campus desenvolverase en horario de mañá -de 09:30 a 14:00 horas-. Traballaranse aspectos técnicos e tácticos en grupos reducidos, e incluirá actividades na praia, torneos, xogos tecnolóxicos e diversas atraccións e propostas lúdicas.

Exit mobile version