Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausurada unha nova edición de Cervo Concilia

Cervo, 1 de abril, 2024. Este luns rematou unha nova edición do programa Cervo Concilia, cun gran éxito de participación, con máis de 60 nenos e nenas inscritas.

A rexedora, Dolores García Caramés, clausurou este mediodía a iniciativa “pensada para ofrecerlles ás familias unha axuda na difífil tarefa de conciliar nas vacacións escolares” e entregoulle a cada crianza un ovo de Pascua, como agasallo.

Durante esta Semana Santa os pequenos e pequenas desfrutaron moito cos monitores e monitoras, realizando todo tipo de xogos e manualidades coa temática da Pascua, e tamén saídas á rúa, de feito gozaron moito dos inchables que se instalaron estes días na Praza dos Campos.

A rexedora quixo agradecer unha vez máis a implicación do equipo docente e tamén das familias “claves no éxito deste programa que é un referente no noso Concello”.

Exit mobile version