Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel García e Iria Castro participan na inauguración da Moexmu, que conta co apoio da Vicepresiencia da Deputación de Lugo

O deputado de Rural felicitou á organización polo corenta aniversario dunha feira, “un sinal de identidade e motivo de orgullo” para a veciñanza de Muimenta e da contorna

Lugo, 5 de abril de 2024. O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García e a deputada de Cultura Iria Castro participaron esta tarde na inauguración da XL Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, que se celebra desde hoxe ata o domingo no recinto feira “Manuel Vila López”.

Os responsables provinciais percorreron a exposición de gando e interesáronse polos certames de Xóvenes Preparadores de Gando e de Gando de Raza Fisona ou pola Poxa de Gando Selecto, que se desenvolveron durante a tarde, xunto á lectura do pregón a cargo de Carlota López Pardo, vicepresidenta do Grupo ARESA.

Daniel García felicitou á organización “polo corenta aniversario dunha feira que conta co aval do sector pero que, sobre todo, conta co apoio da veciñanza de Muimenta e da contorna, que sente a Moexmu como un sinal de identidade e motivo de orgullo” . Tamén destacou “a importancia destas citas gandeiras para dinamizar o sector, trasladar á sociedade en xeral o valor social, ambiental e cultural da gandería”.

A Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo colabora coa organización da Moexmu a través das areas de Cultura e Rural, achegando animacion musical, coa actuación de Asubios da Chaira, que ambientaron a inauguración, e os premios para os gañadores do Certame de Xóvenes Manexadores.

Exit mobile version