Site icon Crónica3.com A Mariña

Esta fin de semana celébranse as Festas de San Isidoro en Penasagudas-Monte, Xove

Xove, 2 de abril, 2024. Un ano máis a comisión de Festas de Monte, formada por membros da Asociación Cruz de Loureiro de San Isidoro de Monte, organiza as Festas Patronais da parroquia na honra a San Isidoro os vindeiros 6 e 7 de abril, co seguinte programa:

SÁBADO, 6 DE ABRIL:
-13:00 Horas.- Misa Solemne na Igrexa Parroquial e Procesión en Honra a San Isidoro.
-14:00 horas.- Sesión Vermú co “Duo Belinda”.
-15:00 horas.- Xantar nunha carpa totalmente pechada. Para inscribirse previamente no xantar hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
-17:00 horas.- Verbena con: “DUO BELINDA” e GRUPO FENIX”. Para esta verbena a Comisión ten preparados 3 trofeos para as tres mellores parellas de pasodoble, 1 trofeo para mellor parella de bachata.

DOMINGO, 7 DE ABRIL:
-10:00 horas.- Xuntanza Cabalar e Paseo Sendeirismo (A PÉ OU A CABALO), organizada pola Asociación Cruz de Loureiro. Para inscribirse previamente na Ruta e para apuntarse ao posterior xantar, hai que chamar ao tfno: 646 647 619.
*Nota importante sobre a ruta a cabalo: “Cada xinete participante na Xuntanza será responsable dos desperfectos ou danos que poida producir xunto co seu cabalo tanto a bens como a persoas, incluídos os danos a sí mesmo e ao seu cabalo.
-14:00 horas.- Sesión Vermú cunha actuación estelar
-17:00 horas.- Despois de xantar, baile e verbena cunha Actuación estelar.

A Comisión de Festas dispón dunha carpa na cal se realizarán os bailes dos dous días da festa.

A Comisión tamén quere agradecerlle a todas as institucións, empresas e particulares que dalgunha maneira axudaron coas Festas Patronais.

Exit mobile version