Site icon Crónica3.com A Mariña

Falece un operario en Barreiros

Barreiros, 11 Abril, 2024. Malia os esforzos, nada se puido facer por salvarlle a vida a un traballador no lugar As Eiras, en San Cosme de Barreiros (Lugo).

O 112 Galicia recibía o aviso por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 13:15 horas informando do accidente laboral e solicitando medios para un traballador atrapado debaixo dun coche.

De forma inmediata informouse aos Bombeiros de Barreiros, que cando chegaron ao punto, o operario non estaba atrapado, atopábase entre dous coches e, lamentablemente, xa sen vida.

Cabe destacar que, desde o 112 Galicia, tamén foron informados os axentes da Garda Civil e os membros de Protección Civil.

Exit mobile version