Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz celebra este sábado a XXII Festa do berberecho

Foz, 6 de abril de 2024. Este sábado, 6 de abril, volve o berberecho a Foz, marisco que para os foceg@s é o chícaro. É unha cita que dende o pasado ano se sitúa na semana seguinte á semana santa. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “foi un ano difícil para o sector do marisqueo e dende Foz queremos continuar contribuíndo a que se consuma produto do mar, mostrando ao mundo o marabilloso sabor que ten grazas á sempre inestimable colaboración dos ciclos de Hostalería do IES de Foz”.

O programa da XXII Festa do Berberecho combina a cultura mariñeira, a gastronomía e a historia de Foz.

O venres 5 o primeiro evento será ás 19:30 horas no salón de actos do CENIMA, coa charla titulada Interpretación toponímica da costa de Foz. II Parte: de Llas á Pampillosa, a cargo de Xesús do Breogán; para a continuación poder gozar dos cantos de taberna polos locais de hostalería da zona portuaria.

O sábado 6 ás 10:30 horas na Praza Conde de Fontao o mesmo Xesús do Breogán realizará un percorrido pola historia de Foz, coas fotos do mural da mesma praza. Para a continuación, ás 12:00 horas, na carpa situada no porto escoitar o pregón de José María García Rivera, alcalde de Foz entre 1995 e 2011 e impulsor desta festa. A continuación a música será a cargo dos grupos tradicionais de Foz A Subela e O Feitizo. Ás 13:00 horas comezará a degustación de berberechos, este ano tamén acompañados de mexillóns. A música continuará co dúo Primeira Línea e a carpa estará aberta ata ás 17:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:30 horas na mesma carpa, os dj’s Alejandro Martínez e Litainer pecharán un día de festa para Foz.

Os concelleiros de Festas e de Cultura, Ángel Fernández e Inés López, desexan que “focegos e visitantes desfruten dunha bonita xornada de cultura local”.

Texto do pregón

É para min un pracer dar hoxe aquí este pregón referido á festa do berberecho, chamado no noso pobo ¨chícaro¨, e digo ben un pracer porque é algo que vivín, a chamada figura do chícaro, en moitos momentos da miña vida.

Recordo dende moi pequeno como familias enteiras ían ao lombo, como nos lle chamamos o lugar encravado na preciosa ría de foz.

¿A que íamos alí? Pois a coller os chícaros, cando daquela eu contaba con 5-6 aniños- anos 1959-1960, e meus pais e irmáns recolliámolos porque eran un sustento económico para a unidade familiar, recordo como os mais pequenos que tiñamos menos forza axudábamos na recolecta e tiñamos dúas maneiras: unha era anciñar como podiamos e botar caldeiros de auga polo anciñado e os chícaros saían lucindo o casco branco o aire. Claro que podemos pensar que daba que carretar moito a auga, pero non, porque a zona de traballo nosa era pegada aos canais que circundaban a ría de foz. Outro xeito era moito mellor, e por suposto, non traballábamos tanto, consistía en buscar o que lle chamábamos nos mofiños, unha herba verde que o chícaro tiña pegada o seu cascarón, onde estaba a herba estaba o chícaro, cunha paleta de xoguete de praia levantábamos o bivalvo.

Unha vez que a marea subía había que recoller ,e homes cargados de sacos sacaban os chicaros ata os estaleiros, onde esperaban os compradores para pesar os kilos e pagar ao contado e por suposto cargar no camión para levalos a vender. Así era a labor, horas de traballo co lombo gacho para ganar unhos cartiños.

Outros mariñeiros facían doutra maneira, e subían cos botes a remo e facían o traballo e volvían a porto cos chícaros a bordo. Hoxe xa non podemos facer o mesmo debido a que non hai o que había naqueles anos, é certo ,e eu mesmo o comprobei nunhas xornadas técnicas que segue habendo algún chícaro no lombo da ria ,pero son insignificantes comparado co que naqueles anos se recollía.

Esa historia foi a que nos levou a facer unha exaltación do berberecho, porque era algo noso, que tiñamos aquí no pobo e que queriamos reivindicar, tiña pasado e gustaríanos que tivera futuro, por iso nos puxemos mans á obra e fixemos as reunions pertinentes para ver a viabilidade, teño que destacar o traballo dos concelleiros do grupo de goberno daquel entonces que traballaron de arreo para conseguir que o chicaro, fixera posible a ¨Festa do Berberecho de Foz¨.

Deseñamos todo o necesario, a compra do produto, quen os iva a cocinar, e aqui tivemos moita sorte debido a que a escola de hosteleria se brindou a colaborar e preparar na carpa os chicaros de varias maneiras, non esquecendo nin a Nemesio director do instituto, nin tampouco a Suso Liste que preparou todo xunto co seu equipo de unha maneira moi satisfactoria, é dicir funcionaba a colaboración.

Despois tivemos que mirar a maneira de ter persoal suficiente para despachar o produto e ter todo a punto, aquí apareceron os traballadores do concello pero tamén ás mulleres do concello que foron imprescindibles para que esta festa funcionara, a todos eles moitas gracias por tantos anos de axuda desinteresada, tamén a radio foz que alegrou cos súas entrevistas e demais a festa . Tamén un recordo para os medios de comunicación. Foron anos bos para esta celebración.

Seguindo cos preparativos tivemos que pensar como iamos a anunciar e presentar esta festa, decidiuse viaxar a lugares que podían desprazar a persoas para desfrutar do que estábamos planeando, pero tiñamos que utilizar a palabra ¨berberecho¨ debido a que a palabra chícaro non era coñecida fora de foz, e así fixemos , desprazámonos a : Valladolid-Ponferrada-Avilés-Laredo-Santurce e moitos concellos de Galicia- feira do turismo internacional Fitur, en todos eles organizamos reunións, conferencias de radio etc.etc. e funcionou non cabe dúbida que na explanada portuaria aparcaron uns cantos autobuses procedentes de estes lugares que acabo de nomear.

Despois pensamos que tiñamos que facer un cartel para anunciar a festa nacida do pobo, e convocamos un concurso para o deseño do cartel, nomeando un tribunal para escoller o deseño que iba anunciar a festa do berberecho e dito honor recaeu en dúas estudantes moi noviñas daquel entonces, traballaron en equipo e as mesmas firmaron o deseño cos nomes de: Jennifer Rancaño Grueira e Itziar Teso Terrón.

Hai que dicir que esto estaba todo avalado polo Concello de Foz, polo cal dito cartel debería de ser o que anunciara dita festa, digo esto porque dende que a miña persoa en 2011 deixou de dirixir a alcaldía, os gobernantes entrantes non deron continuidade a dito cartel oficial da festa, pero o cartel oficial apareceu de novo na festa do 2020 a XVII Festa do Berberecho. Creo que estas cousas dében coidarse e non costan cartos porque o coste debe de ser similar entre un cartel e outro, pero o que reflexa a historia de foz sobre os berberechos é o cartel oficial. Polo tanto este humilde pregoeiro reclama como non podía ser doutro xeito que se recupere para as edicións posteriores dito cartel.

Bueno xa temos todos os ingredientes para que comence a festa do berberecho. A seguinte fase toca cada ano nomear pregoeiro, dende a primeira festa ano 2004, visitáronos hasta 2011 incluido os seguintes pregoeiros: o directo xeral de ordenacion pesqueira. Rafael Jaén, con raíces en Mondoñedo, acompañado ese día pola ministra de pesca, Elena Espinosa. Miguel Vázquez Calvo da delegación de Traballo e raíces en Foz. A eurodiputada Rosa Miguélez, Pachi Vázquez, conselleiro de medio ambiente Xunta de Galicia, Jose Alonso, corresponsal do progreso en Lugo e veciño de Foz. Miguel Angel Revilla, acompañado ese dia polo alcalde de Laredo; Santiago Santos Revolvo e o presidente da deputacion de lugo. Jose Ramón Gómez Besteiro. De todos eles gardo un especial recordo, tiveron unha disposición exemplar co noso pobo e coa nosa festa. Se cadra, pararme un pouquiño con Miguel Ángel Revilla, debido a que foi unha persoa que se integrou de maravilla en Foz, no me costou convencelo para que viñera a dar o pregón, a invitacion foi sencilla, e foi no Ayuntamiento de Laredo, estábamos nunha excursión de Foz para asistir á festa do Desembarco de Carlos V e a comitiva salía dende a Casa Consistorial. A miña persoa estaba invitada aos actos porque como sabedes había unha total sintonía entre Laredo e Foz e dicir unha irmandade. En Foz temos o paseo de Laredo na praia da rapadoira e en Laredo temos unha das calles principales dedicada a Foz, os dous pobos nas épocas da pesca do bocarte tiveron moito en común, como se contou tantas veces, e foi alí onde lle dixen a Revilla que tiña que dar o pregón do ano 2010, e dixolle á funcionaria do ayuntamiento de Laredo, “dejame un folio”, e nese folio marcou unha carretera, a fecha correspondiente e puxo “este dia voy a foz a dar el pregón de los berberechos”. Mandou facer unha copia que me entregou a min personalmente. Así foi, a festa era o sabado e Revilla e o alcalde Santos viñeron invitados por min particularmente xunto cos súas familias o venres, e aquí hai unha anécdota. O sábado pola mañá estábamos desayunando e dixenlle a Revilla que tiña que marchar porque tiña que entregar un ramo de flores a unha señora que cumplia 100 anos, e dixenlle que dita señora tiña raíces cántabras, a contestacion foi ao momento : “ entonces yo también voy ya que me toca en lo mío”. Sen problema lle dixen encantado, a señora era : doña Dolores Escalera Fraga, madre de Salustiano , Carmen e Dolores Alonso Escalera, as raíces cántabras eran do lugar de Liendo-Laredo por parte da madre de Dolores a que homenaxeabamos ese día, o que si poido contar que case non puiden falar xa que Miguel Ángel Revilla, foi o anfitrión do pequeno encontro pero agradable con esta familia.

Vou terminando e quero dar as gracias a este maravilloso pobo, dende as nosas parrroquias: Cordido, Cangas, Nois, Fazouro, Foz, Vilaronte, San Martiño, Santa Cecilia ou San Acisclo de punta a punta, todas xuntas que sigan peleando polo maior benestar posible. Quero tamen felicitar ás nosas asociacións de todo tipo porque levan anos traballando arreo e mantendo vivas as súas posicions, sei que e moi difíciil manter vivo o traballo desinteresado diario pero a veces e necesario que asi sexa, detrás debe de estar sempre o Concello, axudando e repartindo o pouco diñeiro que hai, xustamente como se fixo sempre, o Concello e unha parte moi importante para o funcionamento de estes colectivos, el ten a infraestructura necesaria que se necesita, ten o personal humano para axudar, e ten a parte económica que lle toca poñer, polo que penso que hai que entenderse e discutir e falar as cousas ata chegar a un entendemento que sin duda os veciños a gradecerán. Non me poido olvidar das distintas corporacions municipales que presidín durante 16 anos, gracias a todos os que as integraron,os que están e os que xa non estan con nós. tamen quero ter un recordo para os meus compañeiros/ras dos gobernos que presidín, traballadores e sempre preocupados do pobo, sin ningun tipo de remuneracion. Moitas gracias a todos eles. E agora para rematar vou dedicar dúas estrofas referente aos chícaros é berbechos : “apañei berberechos na veiriña do mar”. “apañei e collinos no o poido olvidar” “unha cunca de viño” “e un anaco de pan” “foi a miña merenda” “no recuncho do lar”queda inagurada a Festa do Chícaro- Berberecho ano 2024. Saúde e sorte.

Exit mobile version