Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio millar de persoas na concentración deste domingo no Centro de saúde do Valadouro

O Valadouro, 14 de abril de 2024. A Plataforma Sanitaria da Mariña convocou este domingo unha concentración o diante do Centro de saúde en resposta á falta de médicos que veñen de sufrir durante toda esta de semana. Nela deuse lectura a este manifesto: “A situación da Atención Primaria en Galiza é dramática , falta persoal nos centros de saúde, sen pediatras en moitos centros, con miles de nenos e nenas sen poder acceder á unha atención pediátrica de xeito ordinario, cun déficit importántísimo de matronas, sen enfermeiras para substituir as ausencias das plantillas, sen médic@s de familia en moitos centros de saúde. E os responsables únicos desta situación son o Goberno da Xunta, a Consellería de Sanidade, e o Partido Popular, que levan 15 anos aplicando un plan estratéxico e ideolóxico de deterioro e desmantelamento do sistema sanitario público e enfocando as políticas sanitarias hacia á privatizaciónç2.

“Lembremos que organismos internacionais como a OMS ou Unicef estableceron hai anos que a Atención Primaria de Saúde debe incluir a toda a sociedade para garantir a atención sanitaria e o benestar social de xeito equitativo e centrado nas necesidades das persoas; recomendacións ás que desde o goberno da Xunta e a Consellería de Sanidade están a facer caso omiso, ao promover a precarización deste nivel asistencial, recortando orzamento e persoal e sen garantir unha atención integral e de calidade”.

“Na comarca da Mariña, cunha poboación de máis de setenta mil habitantes, o desmantelamento da sanidade pública está a producir un dano irreparable, pois os territorios rurais, cunha poboación moi envellecida e dispersa son os máis sensibles e os máis perxudicados por esta estratexia política destrutora que o Partido Popular está a aplicar, sen ter en conta as necesidades das persoas. O goberno da Xunta de Galicia está a destinar millóns de euros aos concertos coa sanidade privada mentres a sanidade pública é desmantelada a marchas axigantadas. Cartos para a privada que quitan do que deberan ser orzamentos para a sanidade pública, mermando a calidade asistencial dos nosos centros sanitarios, ao non contar cos profesionais que son necesarios”.

“Aquí no Valadouro levades moito tempo sufrindo estas políticas de recortes que afectan directamente á vosa saúde. Este abandono por parte do Sergas e do goberno da Xunta está a causarvos sufrimento”.

“A xubilación hai xa moitos meses dun dos dous médicos cos que contaba o Centro de Saúde, non foi substituída deixando á localidade coa metade do cadro médico para atender a todas as veciñas e veciños. Esta semana cando acudístedes ao centro de saúde atopástesvos coa sorpresa de que non había ningún médico para que vos atendera e segundo vos informaron, a situación iba manterse toda a semana, como así foi. Fostes derivados ao concello veciño de Alfoz para que vos atenderan e ao PAC de Burela se era urxencia. E aínda ten a caradura o Sergas de dicir que fan todo o que poden e que xa atoparon substituto !! Aquí ten que haber dous médicos todos os días da semana, porque se hai dúas prazas de medico é por que se necesitan , así que se atoparon un substituto non está solucionada a situación sanitaria do Valadouro. E non imos pasar por menos”.

“Este é un pobo afeito a loitar polo que é seu, xa o demostrastes hai case 10 anos cando o goberno da Xunta decidiu suprimir o servizo de pediatría que había para os Concellos de Alfoz e Valadouro, deixando ás vosas cativas e cativos sen asistencia pediátrica e tendo que desplazarvos ata Foz para que os atenderan. Foi un exemplo de loita veciñal que se extendeu durante moitos anos. Loita que nunca abandonastes”.

“Hoxe, desde o Centro de Saúde do Valadouro queremos decirlles a quen xestiona a sanidade que non imos parar de loitar por unha sanidade pública de calidade, esiximos que se cubran todas as prazas de médicos todos os días. O Partido Popular leva gobernando 15 anos, sabía que está situación iba a producirse e non fixo absolutamente nada para solucionala. O Valadouro esixe que a nosa poboación, rural e moi dispersa , teña acceso aos servizos sanitarios públicos de igual xeito que se vivira nunha capital”.

Exit mobile version