Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS afianza o seu terceiro posto ante un dos rivais máis fortes da categoría (4-3)

Os mariñáns comezan sacando tres puntos de vantaxe na primeira parte rematando cunha diferencia dun gol, con doblete de Charly, ante un Sala 5 que non perdoa

Burela, 20 de abril, 2024. O conxunto masculino do Pescados Rubén Burela disputou ás 17.00h desta tarde, o primeiro partido dunha Tarde Laranxa que deixou cheo o pavillón Vista Alegre. Encontro da xornada 28 de Segunda División de Futsal ante un Sala 5 Martorell que demostrou esta tarde en nosa bombonera ser un dos rivais máis fortes da categoría. Nunha primeira parte moi disputada no que o Burela logra poñerse con 3 goles de vantaxe pero que posteriormente o equipo catalán consegue remontar ata chegar a un gol de diferenza. Nunha segunda parte con menos goles o partido preséntase moi competido, con moito xogo de balón e moitas oportunidades especialmente para o Pescados Rubén Burela FS rematando cun resultado final 4-3.

Primeiros minutos sen ocasións por parte de ningún dos dous equipos. No minuto 5 un disparo frontal desde fóra da área de Álex García que detén Beumala será un dos primeiros tiros a porta desta tarde en Vista Alegre. No minuto 8 Rikelme consegue o primeiro tanto empunjando o balón dentro da portería desde dentro da área. No minuto 11 Ismael aproveita un fallo defensivo de Albertico que lla pasa ao xogador andaluz concedendo o 2-0 ao conxunto local. Tres minutos despois chega o 3-0 cun golazo incrible de Charly que dispara desde unha posición moi escorada e métea pola escuadra da portería defendida por Beumala. No minuto 14 Jon recorta distancias cun remate frontal a un saque de esquina e dous minutos despois Rubén consegue o 3-2 nun dobre penalti. Tras varias oportunidades por parte de ambos os conxuntos chega o descanso.

Na segunda metade a primeira clara tena Ismael no minuto 23 cun disparo desde a banda que roza a escuadra tras unha boa xogada colectiva e segundos despois pau á escuadra de Isma. Continúa presionando o Pescados Rubén con moi bo xogo de balón dominando aos de Adriá Sánchez durante estes case todo o segundo tempo. No minuto 10 un pau de Isma que tenta metela desde o segundo pau. No minuto 34 Iván case consegue o empate nun balón que salva Isma na liña de meta. No minuto 37 o conxunto de David Rial presiona con saída de porteiro. No minuto 37, tras moitos intentos, Charly consegue o 4-2 coándolla a Beumala entre as pernas tras unha boa recuperación. A dous minutos de rematar o encontro o Sala 5 saca o porteiro xogador con Jon e recorta 4-3 cun gol de Lucho en propia porta defendendo a presión de 5 e sentenciando o encontro.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 4-3 Sala 5 Martorell

Pescados Rubén Burela FS (4): Kaluza; Rikelme, Isma, Alberto, Malaguti -quinteto inicial-, Á. García, Charly Ismael, Lucho (C), Pitero, Quelle, Flethes.

Sala 5 Martorell (3): Beumala; Javi Díez, Termens, Jon, Albertico -cinco inicial-, Graell, Iván Gonfaus, Abdel, Rubén, Rober, Lacambra.

Goles: 1-0, min.8: Rikelme. 2-0, min.11: Ismael. 3-0, min.14: Charly. 3-1, min.14: Jon. 3-2, min.16: Rubén. 4-2, min.37: Charly. 4-3, min.39: Lucho (PP)

Árbitros: Mauricio Bravo Sarango, Eduardo Otamendi Lascarro, Jorge Otero Mira, Eva López Seijas.

TA: Isma, Malaguti, David Rial, Mika, Ismael.

Exit mobile version