Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS logra continuar invicto tras impoñerse nun derbi tolo en Marín

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán

Burela, 6 de abril, 2024. Ás 17.00h desta tarde, no pavillón A Raña, de Marín, disputábase o partido da 24ª xornada de Primeira División Iberdrola, Ence Marín Futsal – Pescados Rubén Burela FS, cun resultado final 3- 4. Un dos derbis galegos máis competidos no que as de Julio Delgado non deixaron pasar outros tres puntos para continuar mantendo eses primeiro postos, invictas, no que vai de tempada. Un derbi moi tolo que a remata levándose o conxunto mariñán polos pelos, tras chegar ao descanso con dous puntos de vantaxe, perder esa vantaxe na primeira metade da segunda parte chegando a poñerse por baixo e remontando na segunda metade do segundo tempo.

Comeza presionando o Burela con 3 ocasións nos tres primeiros minutos. No tres unha clarísima de Emilly que non atina coa portería. Continúa dominando o Pescados Rubén, non sendo ata o minuto 6 o primeiro tiro a porta do conxunto local. No minuto 7 ocasión clarísima de Noelia Montoro e Antía Pérez que non logran rematar coa forza suficiente salvando Pinto a portería sen esforzo nunha ocasión clarísima. No minuto 13 Dany volve lanzar a porta atopándose con Pinto. Ocasión de Débora tras un boísimo xiro a pase de Pedreira que detén Ana Eliza no minuto 14 e na seguinte xogada Antía Pérez téntao sen conseguir o primeiro gol. No minuto 16 volve intervir e salvar a situación Ana Eliza, xunto a Rafinha que sacando primeiro a porteira un lanzamento soa ante a rival e Rafinha o rexeite posterior. Na mesma contra pau tras un lanzamento de Emilly a portería baleira tras un roubo nunha saída da porteira a media pista. Comezando moi ben o Burela non logra sobrepoñerse durante esta primeira parte ante un Marín que lle pon as cousas difíciles. Pero no minuto 17 a pichichi Emilly mete o primeiro cun disparo desde fóra da área tras un saque de esquina de Antía Pérez e un minuto despois chega o 0-2 cun gol similar, disparo de Emilly desde fóra da área a pase de Antía Pérez esta vez co balón en xogo. Chega o descanso.

Na segunda parte o Burela comeza sufrindo cun gol de Adriana no minuto 23 que axexa a vantaxe conseguida na primeira parte e desconcertando ao conxunto laranxa. Chega o empate no 27 cun gol de Débora de penalti e o 3-2 no mesmo minuto, cun gol de Pedreira ao segundo pau. No mesmo momento do gol Julio Delgado pide punto morto tentando acougar o tolo encontro que se está vivindo en Marín. No minuto 32 Antía Pérez téntao pero vese frustrada por unha inspiradísima Pedreira. Pero sae Cami a pista e cambia o partido. No minuto 32 comeza a presionar o Pescados Rubén Burela FS con xogo de 5 con Cilene como porteira-xogadora e nunha boísima xogada colectiva Patricia remátaa conseguindo o empate. Un minuto despois chega o terceiro da sempre salvadora Emilly Marcondes que adianta o marcador aproveitando un balón morto nun saque longo da porteira e métella nun gran disparo case desde o centro do campo. Comeza a presionar o Marín con Débora como porteira-xogadora xerando varias oportunidades que non terminan de atopar o gol.

Ficha Técnica Ence Marín Futsal 3-4 Pescados Rubén Burela FS

Ence Marín Futsal (3): Pinto; Débora, Gi Portes, Café, Pedreira -cinco inicial-, María, Adriana, Bravo, Inés, Patri (P). Entrenador: Ramiro Díaz

Pescados Rubén Burela FS (4): Ana Eliza; Dany, Irene Samper, Rafinha, Emilly, – cinco inicial-, Cilene, Cami, Antía Pérez, Aroa, Patricia, Noelia Montoro, Ester (P). Entrenador: Julio Delgado

Goles: 0-1, min.17: Emilly. 0-2, min.18: Emilly. 1-2, min.23: Adriana. 2-2, min.27: Débora. 3-2, min.27: Pedreira. 3-3, min.33: Patricia. 3-4, min.33: Emilly

Árbitros: Javier Menéndez Nistal, Héctor Vilas López, Alejandro Godar Calvar, Irene Núñez Mariño.

TA: Pedreira, Bravo, Ana Eliza, Antía Pérez, Patricia

Exit mobile version