Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide melloras de seguridade viaria nas rúas Santiago e Lavandeiras

Viveiro, 5 de abril, 2024. Por Viveiro pide melloras de seguridade viaria nas rúas Santiago e Lavandeiras. Explican que “a veciñanza das rúas Santiago e Lavandeiras en Celeiro comentan que son habituais as situacións de risco para os peóns que percorren a zona de xeito cotiá. Estas rúas son de dobre sentido de circulación para os automóbiles, e teñen limitada a velocidade a 30 km/hora”.

“En Por Viveiro propoñemos a colocación de pasos elevados para peóns, que ademais de minimizar os devanditos riscos na seguridade viaria, fan de efecto disuasorio para a velocidade dos vehículos”.

Consulta das actas dos plenos.

Outro rogo que presenta por Viveiro ten que ver coas actas dos plenos: “A consulta das acta na paxina web do Concello, visualiza por defecto as actas que van dende o pleno do mes de setembro do ano 2017 ata o mes de xuño do ano 2018, con un enlace ás actas dos plenos posteriores a 2017 e outro á gravación de plenos”.

“En Por Viveiro consideramos pouco operativa a consulta actual dos plenos e vemos mais lóxico que a paxina web visualice por defecto as actas dos plenos do ano en curso, por ser a consulta mais habitual, con enlaces individuais aos dous anos anteriores e outro a toda a base de datos das actas, ademais do actual enlace á gravación de plenos”.

Exit mobile version